Chega FILMU

Blog

Chega o 1º Festival Cinema Mulleres, unha iniciativa impulsada pola Casa da Muller do Concello de Lugo que pretende visibilizar ás mulleres cineastas de todo o mundo, dar a coñecer e poñer en valor os seus traballos.

A inauguración do Festival coincide, intencionadamente, co Día Internacional para a eliminación da violencia contra a Muller, e se converte nun motivo de reivindicación da igualdade  e tamén nun espazo de reflexión, tanto dos productos audiovisuais e a súa mensaxe, como da situación profesional das cineastas.

O obxectivo do Festival é, ademáis, a creación de redes de interacción feministas e audiovisuais e a realización durante todo o ano de diversas accións encamiñadas á visibilización, á denuncia, á reflexión e ao logro da igualdade.

Leave a reply