Obxectivos do Festival Cinema Mulleres -FILMU-:
- Potenciar a difusión e promoción da cinematografía realizada por mulleres tanto no eido galego como no nacional e internacional.
- Converter a cidade de Lugo nun referente audiovisual e nun centro de reivindicación da igualdade no cinema.
- Contribuir á visibilización das mulleres cineastas para acabar coa violencia e a inxustiza da invisibilidade.
- Potenciar a cultura audiovisual e contribuir ó su desenvolvemento tendo como marco o Festival, con accións creativas, dinámicas, formativas e innovadoras.
É un proxecto organizado pola Casa da Muller do Concello de Lugo.